CATEGORIA DE EMPRESAS

Na categoría de Empresas poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que se inscriban como equipo cun mínimo de 4 compoñentes, sendo, necesariamente, traballadores da mesma empresa.

Á hora de recoller o dorsal, será necesario acreditar a pertenza á devandita empresa mediante unha carta/certificado da mesma ou calquera documento que o acredite.

A clasificación de cada equipo establécese tendo en conta a suma dos tempos dos seus 4 primeiros compoñentes en cruzar a meta. Se o equipo non completase o mínimo de participantes (4) en finalizar o percorrido, non aparecerá nas clasificacións de equipos.