Aviso de cookies

Estoy de acuerdo Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Tan só quedan:

San Silvestre Coruña

A carreira máis divertida do calendario. Unha proba na que os participantes se esquecen das marcas e corren para gozar e despedir o ano ao grande.

A data da proba, o 31 de decembro, faina moi atractiva para todos os públicos e converteuna nunha data marcada no calendario do Nadal das principais cidades españolas. A popularidade da San Silvestre Coruña traspasou fronteiras: Un de cada catro corredores proceden doutras comunidades.

Unha carreira
multitudinaria

Por percorrido, por data, por diversión, por tradición, por deporte… cada vez son máis os que atopan un motivo para participar na carreira que non para de sumar adeptos.

Unha carreira urbana

A carreira sairá do Obelisco e percorrerá en torno a 7 kilómetros pola cidade, pasando polos recunchos más emblemáticos, como o Paseo Marítimo, a torre de Hércules ou a Cidade Vella, entrando, para finalizar, na monumental praza de María Pita.

Unha carreira
familiar

A maioría dos participantes da San Silvestre non corren sós. Fano entre amigos, compañeiros e familiares.

Ademais da data elixida en metade das fiestas do Nadal, o horario tamén facilita que así sexa.

Unha carreira mediática

A carreira conta cun plan de difusión moi potente entre medios convencionais e dixitais. Ademais, mantén acordos (media partners) con relevantes medios de comunicación locais e nacionais. O plan de medios péchase con canles propios: redes sociais e páxinas web.

A repercusión multiplícase ano tras ano. De feito a cobertura dos medios vai a máis, acadando difusións inéditas en espazos de televisión, xornais e medios sociais e dixitais.